Comezo: Aldea da Pena, Loureda.
Punto de remate: Casa do Concello.
Distancia: 14,550 m.
Duración: a pé 3,5h. en bicicleta 2h.
Dificultade: baixa.
Época do ano: Primavera-verán
Material: botas de baixa montaña.
Itinerario:
Partimos do medio da Aldea da Pena e despois de pasar un hórreo de forma cadrada, tomamos un cruzamento á dereita e pasamos unha pequena ponte logo da cal veremos á dereita o muíño de Vello. Seguindo a pista, a 400 m. collemos a man dereita un camiño de monte e a 100 m. unha braña; atópanse á esquerda o muíño de Abaixo e á dereita o muíño do Medio. Voltando ata A Pena saímos cara Vigo.
Seguindo a estrada, pasamos as aldeas da Agra e Caneda. En Caneda desviámonos á esquerda, e a 50m. tomamos un cruzamento á dereita. Logo duns 800m. imos á esquerda cara Vigo. Pasamos Castenda tomamos un cruzamento á dereita dirección Gastrar, e a 700m. desviámonos á esquerda en Melón. 550m. máis adiante atopamos o muíño de Pasás, e seguindo 200 m río abaixo a área de lecer de Gastrar, ao pé dun antigo asentamento celta. A 100 m está o muíño da Barrela, e seguindo a pista que pasa pola súa dereita a 800 m collemos á esquerda, en Xiadas, e a 200 m, tomamos á dereita. 100 m máis adiante vemos o muíño Vello, e uns 300 m. río abaixo atópase o muíño Novo.
Volvemos a Xiadás e continuamos camiño do Forte. A 1km., en Vilaboa, desviámonos á esquerda e a 200 m. tomamos á dereita, para a 250 m. volver á esquerda e atopa-lo muíño de Vilaboa.
Voltando a pista do Forte saímos á esquerda para, seguindo a pista, a 1200 m. chegar á casa do Concello, onde remata esta rota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario