Comezo: Campo da festa de Ardilleiro.
Punto de remate: Casa de Cultura de Camporrapado.
Distancia: 23,300km.
Duración: a pé 6h. en bicicleta 4h.
Dificultade: Media.
Época do ano: Primavera-verán
Material: Botas de baixa montaña.
Itinerario
Partimos do Campo da festa de Ardilleiro. Cruzando a pista fronte á igrexa, a uns 200 m., atopamos o muíño de Pazos. Seguindo a pista en dirección a Reboredo, a 500 m. atopamos un camiño á esquerda que nos leva ao muíño de Añobó. Voltamos á pista e a 450 m, antes do cruzamento de Reboredo, collemos un camiño á esquerda e logo de andar uns 300 m. chegamos ao muíño de Batán. Río abaixo atopamos, aproximadamente cada 50 m., os muíños de Batán, dos Carrillos, dos Contos, dos Mareques e Novo.
Saímos despois para uns prados á dereita para tomar a pista que vai a Codeso. Este tramo é de difícil acceso, pero é un marco dunha beleza incomparable. Deixando Orto á dereita a 1 km. tomamos primeiro un cruzamento á esquerda, e logo a 100m. á dereita, para logo de percorrer 450m. tomar outro cruzamento á dereita que nos levará ao muíño Torrental.
Voltamos á estrada e tomamos un cruzamento á dereita. Logo de 300 m. atopamos unha fonte de pedra e a 300 m pasando unha ponte chegamos por debaixo dunha viña ó muíño da Braña.
Volvemos á estrada e saímos á dereita para a 400 m. tomar outra vez á dereita para desviarnos de novo na mesma dirección. A 200 m. atopamos a capela de San Paio, e no río, ó seu pé, vemos o muíño do Balado e o muíño de Eugas, poucos metros máis abaixo. Tamén hai unha fermosa fervenza.
Volvendo á estrada que vai ao Empalme de Vilar (Touro), tomámola nesa dirección, e vemos a igrexa de Codeso, e podemos ver un cruceiro e un hórreo. A uns 3 km. tomamos un cruzamento á dereita e a 100 m outra vez á dereita. A outros 100 m. vemos o muíño de Vilapedre e 250 m. máis abaixo o muíño da Devesa. A 150 m. desviámonos á dereita e imos de fronte deixando a aldea de Loureiro á esquerda. A 100 m. do cruzamento camiñamos campo a través ata o río, e logo uns metros máis arriba está o muíño de Loureiros.
Voltando á pista, camiñamos 100 m. ata chegar a unha ponte. A 200 m. tomamos un cruzamento á esquerda, e logo a 500 m. á dereita, quedando a 150 m. de nós a casa-muíño de Boo. A 100 m. imos á esquerda, para a 300 m. chegar á ponte que nos marca a entrada na parroquia de Pousada. En 200 m. río abaixo atópanse os muíños do Torreiro, Leáns, Meulle e do cura, todos eles de difícil acceso. A 600 m. da ponte tomamos o cruzamento á dereita, e a 700 m. outra vez á dereita para dirixirnos a Donas, onde vemos un bonito cruceiro e gozamos coa impresionante vista da ponte do Gundián sobre o río Ulla e do castro na cima do monte. Onda o cruceiro comeza unha viña que discorre bordeando unha finca durante uns 500 m. ata chegar ó muíño de Donas e á casa-muíño de Engracia. Cruzando Donas deixamos a igrexa á dereita e saímos con dirección a Sucira, ao chegar ao cruzamento dirixímonos ó centro da aldea, á esquerda, deixando á dereita da igrexa a área de lecer que está situada na beira do Ulla. A 400 m. imos á dereita e a 100 m. baixamos o regato atopando os muíños de García e de Sucira, ademais dun sigular lavadoiro de pedra.
De volta á pista tomamos a costa abaixo e a 300 m. desviámonos á esquerda. A 750 m., antes de chegar a Noente tomamos un camiño á dereita, a 100m. de novo á dereita e logo andamos uns 200 m. río abaixo ata chegar ao muíño de Cereixo.
De volta á pista saímos á dereita e logo de pasar a área de lecer de Noente tomamos a 100 m. o desvío á esquerda cara a Camporrapado. A 1500 m. seguimos un cruzamento de fronte e imos dar ao campo da festa de Camporrapado, onde podemos ver un fermoso cruceiro. Saíndo á esquerda, con dirección a Santiago, a 500 m. collemos un cruzamento á esquerda, e a 300 m. á dereita, onde chegamos ao campo de futbol. A 200 m. queda a casa da Cultura, onde remata a ruta.
esto que es?
ResponderEliminarEs una propuesta de ruta. Hay rutas que aparecen dentro de una web entre muchas otras, así que lo que tengo que hacer es copiar y pegar en una página nueva. Siempre modifico la fecha en que hago esa página, para que no aparezca como primera al cargar el blog.
ResponderEliminarLuego lo que hago es copiar el enlace y añadirlo en el listado.
Recuerda que esto es un blog que funciona con entradas diarias, lo que yo hago es modificar fechas y mover las cosas (tipo el coment-chat, la fecha es de febrero de 2008).
Te aclaré la duda?
pero para que pusiste lo de proponer rutas para el dia 15 y esto aparece dia 8, tendria q estar con el resto de propuestas.
ResponderEliminara ver... esto es una propuesta como las otras, las que aparecen en el listado, como podrás ver, algunas son páginas hechas por mi (San Xurxo de Sacos, p.e.) y la mayoría son links.
ResponderEliminarComo esta ruta estaba dentro de una web muy larga junto con otras rutas, lo que hice es hacer una ENTRADA nueva, copié, pegué y la publiqué con fecha de ayer para que no apareceriera de primera...
Muchas de las cosas están hechas así, lo que pasa es que suelo poner fechas más lejanas para que no lo veais y liaros.
Lo que voy a hacer es modificarles las fechas al 2008... así no las ves...
jooooo