Para la aportación de rutas recordad que las buscamos que sean de al menos 18 km y no más de 25 km, a no ser que sean de dificultad alta. Para el envío, se seguirá el siguiente esquema en un archivo de texto que se enviará al correo de domingueros.
- Nombre ruta:
- Concello:
- Distancia:
- Duración:
- Dificultad:
- Más información:
- Texto explicativo:
- Adjuntar plano de ruta y fotografías.
RUTA 2.
ResponderEliminarPR-G7 Rota do Faro
Sendeiros
Esta información corresponde a un labor de recollida de datos realizado no mes de Marzo 2009
Fotografías
Realizar esta rota de sur a norte pola Serra do Faro permite gozar de amplas panorámicas en días despexados. O punto de partida ao sur, márcao o sinal que separa as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense na estrada PO-1302. A senda iníciase por unha pista e segue cara ao norte por unha devasa que percorre os cumios desta pequena serra compartida polas provincias de Pontevedra e Lugo.
Raque, O Marco, Penas Grandes, Pena Maior, Faro... cumes e lugares que acadan e, ás veces, superan os 1.100 m de altitude. É curta a distancia que separa o Monte Faro (1.181 m) da capela do mesmo nome, coñecida polas peregrinacións que teñen lugar o 8 de setembro, cando miles de devotos acoden a pregarlle pola súa saúde a Nosa Señora do Faro e celebran unha romaría na que non faltan o polbo e a carne ao caldeiro.
A situación deste cume no centro de Galicia, arrodeado por terras baixas e sucado por xigantes de pas brancas, agasalla ao visitante con fermosas vistas e permite realizar variados percorridos con bicicleta.
Accesos
Dende Rodeiro seguindo a estrada PO-1302 a Oseira ata chegar ao Marco no límite do concello.Seguindo a estrada C-533 ou a CRG-22 ata o Alto do Faro.
Lonxitude
12,2 Km.
Punto de partida / chegada
Estrada PO-1302 Oseira - Rodeiro, nun punto preto do lugar onde se unen os concellos de San Cristovo de Cea (Ourense), Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra) - UTM: 29T X:587870 Y: 4714780
Estrada C-533 no Alto do Faro, entre Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). - UTM: 29T X:591050 Y: 4724730
Percorrido
O Marco, Penas Grandes, Pena Maior, Faro, Ermida do Faro, Campo da Festa, Coto das Gambas,O Marco, Alto do Faro.
Dificultade
Media
Duración
4horas.
Material
Calzado de montaña, auga, comida e indumentaria deportiva e roupa de abrigo.
M.I.D.E.
Medio
Itinerario
Desprazamento
Esforzo
Acceso en bicicleta
Apto parcialmente
Acceso a cabalo
Apto totalmente
Cartografía I.G.N. (1:25.000)
Nº 122-IV Ventosa, 154-ll Rodeiro e 154-IV Oseira
Máis información
Casa do Concello de Rodeiro
Praza da Fonte, 2 36530 Rodeiro
Tel: 986 790 009 Fax: 986 790 195
e-mail: rodeiro.al@fegamp.es
Federación Galega de Montañismo
Edificio das Federacións Deportivas Galegas
Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10
36209 Vigo.
Tel.: 986 208 758
Fax: 986 207 407
e-mail: info@fgmontanismo.com
www.fgmontanismo.com
Mapa.
http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/010106/01010602/36338_PR-G7%20Rota%20do%20Faro_1-4BN903.jpg