domingo, 16 de marzo de 2008

PR-G 88 Ruta Bardaos-Castenda-Tordoia


Datos técnicos:
Punto de partida/llegada: Chousas (Altamira) / Os torreiros (Ermida do Carme)
Distancia: 17 Km.
Tiempo: 6 h
Dificultad: Baja
Acceso: pola estrada de Ordes a Carballo

Este sendeiro ten un recorrido de aprox. 17 km de lonxitude. Recorre o Concello de Tordoia en dirección N/S desde As Chousas na Altamira ata Os Torreiros en Castenda.
No propio trazado ou ben como derivacións inclúense importantes xacementos arqueolóxicos como o Castro de Bardaos (A Croa), o Dolmen de Cabaleiros (Casa Moura) e o Castro de Vilar, ó final da ruta.
Se inclúen tamén no seu trazado as igrexas de Santa María de Bardaos e San Xián de Cabaleiros (Seixán) e a Ermida do Carme.
A paisaxe do sendeiro é característico da penechaira occidental sen grandes desniveis, con presenza de numerosas correntes de auga, e presenza de bolos graníticos resultado da erosión de antigos batolitos.
Pedra Longa é probablemente un antigo abrigo prehistórico utilizado polos primeiros poboadores desta paisaxe.
A fonte de San Ignacio é outro punto de interese coa súa galería subterránea, no mesmo Seixán. Se facémola ruta en inverno ou despois dos temporais, hai puntos que poden presentar algunha dificultade, especialmente Lamaxabre no paso do río Chonia, o resto da ruta non presenta grandes dificultades.
A paisaxe de Tordoia, cerne de Galicia, está composta por unha sucesión de elementos etnográficos característicos entrabados coa natureza sen solución de continuidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario