martes, 24 de marzo de 2009

PR-G 61 Camos-Parada-Chandebrito

PR-G 61 Camos-Parada-Chandebrito
Concello: Nigrán
Distancia: 21 km
Duración: 5h 30'
Dificultad: media

Descrición:
Partindo da parroquia de Santa Baia de Camos, comeza a subida cara ao lugar das Rozadas, pasando por unha zona de muíños. Continúa a ruta cara á aldea de Pracíns e, de xeito ascendente, remata entroncando no parque forestal da PRG 60.
Dende Pracíns sae a derivación PRG 61.1. ou Variante de Chandebrito, que pasa polo castro de Chandebrito - miradoiro sobre a ría de Vigo - e pola fraga dos Muíños de Rodas para enlazar outra vez co PRG 60.
Outra derivación, a PRG 61.2, ou Variante de Parada, parte dende As Rozadas dirixíndose ao monte Castelo. O percorrido PRG 61.2 remata no lugar da Carrasca, na parroquia de Parada.
De interese:
Muíños das Rozadas e de Rodas.
Castro de Chandebrito
Monte Castelo (miradoiro a 409 m de altitude, con vistas sobre a bisbarra do Val Miñor)

FALTA MAPA

No hay comentarios:

Publicar un comentario