miércoles, 11 de febrero de 2009

Ruta do Río Mercurín (Ordes)




Datos técnicos
Inicio/fin: Campo da Feira de Ordes
Distancia: 15 km
Duración: 4 h 30'
Dificultad: media

Descripción da ruta
Comezamos á altura do muiño do Campo da Feira (onde se atopa un panel interprtativo da ruta) e collemos pola marxe dereita do río ata o camiño que comunica os lugares de Penelas e Casal, alí atravesamos o río para seguir o camiño que leva ao Castro do Casal e viramos á dereita.
Despois de pasar por Cosende parte a primeira opción do roteiro que despois de atravesalo rio por camiños dos montes de Vilaverde volve ó punto de saída.
Segue o roteiro camiño do lugar do Alto pasando primeiramente por unha casa soa, despois de pasar polo último lugar da parroquia de Ordes, xa por un pequeno tramo de camiño aslfaltado, chega á aldea de Mañufe (Mercurín), alí aparta a segunda opción á dereita por unha corredoira en pendente cara o río, atravesámola por unha pasarela de madeira e elexiremos o camiño da dereita que nos levará ao punto de partida.
Unha vez que pasamos da última casa de Mañufe, xa por camiño de terra á esquerda subimos cara ao Seixo, de alí por entre plantación de eucaliptos achéganos aos montes do Inxeno. Aquí cambia de rumbo a ruta cara a dereita, o tramo que segue de camiño “enxebre” leva ao lugar de Guntín, de alí xa en dirección norte de novo adéntrase o roteiro na fraga de Vilar por un carreiro afondado cheo de vexetación propia de lugares húmidos e sombríos que fan este tramo do camiño sexa digno de preservar.
Agora o roteiro xa en dirección ao punto de saída, pola marxe esquerda do río, pasa polo lugar de Vilar cunha soa casa que nalgún tempo contaba cunha torre e as súas propiedades abranguían tamén os lugares de Guntín e Tralorrio.
O seguinte atractivo será a fraga do Tralorrio e tamén dous muíños en estado de abandono que aínda se poden recuperar así como outros moitos que podemos atopar á beira deste río, neste lugar tamén temos unha fonte e máis unha ponte de madeira e un Castro.
Segue o roteiro por camiños de carro dos montes de Mercurín. O lugar de Villaverde será o último en visitar polos camiñantes en dirección ao Casal e despois ao Campo da Feira, onde remata este roteiro.