Lugar: Pontesampaio
Distancia: 18,5 km
Duración: 4:30 horas
Dificultade: Media
Circular: Sí
Máis información:
Coordenadas:UTM29T
Accesos: Desde N-550, tomar no PK 133 a estrada provincial PO 264 ata a ponte de Pontesampaio.
Lonxitude: 18,5 km incluidas a ida e volta das dúas derivacións.
Tipo de roteiro:Circular con 2 derivacións e 1 variante con derivación.
Conexións : PRG 48
Servizos: 2 áreas de descanso,1 fonte de auga potable e 2 zonas de baño (praia fluvial do Verdugo-Oitavén e o lugar de Pozo Negro.
O inicio e final do roteiro sitúase na ponte medieval de Sampaio, de
aí o seu sentido circular. De seguido, partindo do inicio do roteiro,
descríbese o percorrido por tramos no sentido ideal da marcha, isto
é, visitando primeiro os elementos de interese do núcleo dÁ Ponte,
circunstancia que convida a continuar co roteiro con dirección ao
Vilar, logo polo Rañadoiro, e posteriormente por Acevedo para final-
mente voltar ao punto de saída.
• TRAMO I: Ponte de San Paio – estrada provincial PO – 264. Par-
tindo da ponte medieval de San Paio e andando uns poucos me-
tros, tomamos o primeiro desvío á esquerda para adentrármonos
na Curuxeira, a zona de maior antigüidade da parroquia, para subir
ao Alto da Curuxeira, “O Miradoiro”. Unha vez alí continuamos cara
o N polo único camiño que existe ata dar co trazado do Camiño de
Santiago, que seguiremos ata chegar ao Cruceiro da Ballota, onde
tomamos a derivación que nos leva ata a Igrexa parroquial de San-
ta María e a Reitoral. De novo no trazado principal, baixamos pola
Ballota ata A Rabaleira, onde seguiremos de fronte ata dar coa Illa
de Medal. Aquí desviarémos cara a esquerda ata coincidir de novo
co Camiño Portugués a Santiago, que nos conducirá á estrada pro-
vincial PO 264.
• TRAMO II: Estrada provincial PO 264 - Camiño do Xisto. Cruza-
mos a estrada provincial PO 264 e seguiremos o trazado do Camiño
Portugués ata o río Ulló, que atravesaremos á altura do lugar coñe-
cido como A Ponte do Pozo Negro. Xa na outra beira do río atopa-
remos unha área de descanso. De seguido seguiremos o trazado do
Camiño Portugués uns 120 metros aproximadamente en sentido
N ata acadar o pé do Monte do Castro. Neste punto poderemos to-
mar unha derivación á esquerda en sentido W que transcorre por
un perfil chan, o que nos obrigará a deixar o vieiro principal para
achegarnos á Marisma do Ulló. Xa de volta tomamos o carreiro que
discorre pola aba do Monte do Castro e que nos conducirá ata o lugar
coñecido como A Ponte Nova ou Ponte do Arco. Aquí, á altura dun
muíño-vivenda que se atopa do outro lado do río, coñecido como a
Casa da Muiñeira, tomaremos outro carreiro en sentido N cuxa traza
discorre pola ladeira leste do Monte do Castro. Pouco antes de alcan-
zar o camiño asfaltado que vai a O Xisto e A Canicouva, tomaremos
un carreiro estreito que empata cun camiño de carros que sobe ao
xacemento castrexo. Antes de chegar, á altura dun depósito veciñal
de auga, colleremos un carreiro á esquerda que conflúe cun camiño
empregado tradicionalmente polos canteiros do lugar que nos levará
ao alto do Monte do Castro. Tras contemplar a escenografía natural
da ría e comprobar o dominio visual do que gozaba este xacemento
tomamos o camiño de carros que nos levará camiño dÓ Xisto.
• TRAMO III: Camiño do Xisto – Cruceiro dÓ Vilar. Descendemos
polo Camiño do Xisto aproximadamente uns 45 metros ata coller
unha corredoira que seguiremos ata chegar á estrada da Canicouva,
a provincial EP- 00001. Logo de cruzar este vial avanzamos cara a
esquerda uns 115 m. e tomamos á dereita unha calzada enlousada
que nos levará cara o Muíño e a nova Ponte do Río. Seguindo unha
calzada empedrada ascendemos cara o núcleo dÓ Vilar. Desde alí
tomamos o primeiro desvío cara a dereita ata dar coa estrada asfal-
tada que articula a aldea. Descendemos por esta pista uns 325 me-
tros ata coller á esquerda un acceso asfaltado que penetra entre as
casas. Avanzamos por el sen desviarnos ata dar co Cruceiro dÒ Vi-
lar ou das Cachadiñas, que se levanta a menos de 200 m do desvío.
• TRAMO IV: Cruceiro do Vilar – Estrada de Xustáns. No Cruceiro
dÒ Vilar tomamos o camiño de carros da esquerda que, ascendendo
polo Monte Cabaleiros, nos conduce ao núcleo dÓ Rañadoiro. No
primeiro cruzamento á dereita retomaremos a estrada para adentrá-
monos na aldea, onde tomaremos de novo un segundo cruzamento
que aparece á dereita, e que continuaremos até bater co Cristo da
Bica, situado no centro dunha encrucillada. Seguindo pola mesma
rúa, a escasos metros, tomaremos un desvío a man esquerda que
ascende cara o Miradoiro das Cambariñas. Aquí podemos descansar
un momento para disfrutar das excelentes panorámicas e retomamos
o roteiro seguindo a estrada asfaltada da esquerda, que de novo nos
adentrará no núcleo dÓ Rañadoiro. Na primeira desviación seguire-
mos á dereita ata dar de novo coa estrada no lugar coñecido como
Proumalla. Aquí poderemos apreciar A Moa, isto é, os restos dun
primitivo hórreo de planta circular. De seguido cruzaremos a estrada
asfaltada que vén dÓ Vilar e uns 50 metros máis arriba tomaremos
á esquerda un camiño formigonado no seu primeiro tramo. A escasos
metros toparemos cun acueducto tradicional coñecido como O Pare-
dón. De continuarmos o camiño de fronte, sen desviarnos, daremos
cos Pozos de Corneda que o abastecen de auga. Seguimos todo de
fronte e, cando xa levemos avanzados aproximadamente uns 600
metros (investindo uns dez minutos a pé), atoparemos un desvío á
dereita que ascende cara a Chan das Cruces e que continuaremos
ata dar coa pista forestal que dá acceso a esta parte do monte. De
seguirmos pola pista de xabre que corta á dereita, chegaremos a un
desvío situado á esquerda que nos levará ata a Estrada de Xustáns.
Como alternativa deste tramo IV, na vez de tomar a derradeira bifur-
cación que nos leva á Chan das Cruces, debemos seguir de fronte,
avanzando por camiños de carros e pistas forestais ata chegar á Por-
ta Laxe, unha pontella que cruza o río Ulló. Tras cruzar o río e deixar
atrás a Carballeira de Cadillos (á esquerda do sentido da marcha),
seguiremos cara adiante uns 400 m sen desviarnos ata empatar cun
cruzamento que debemos tomar á dereita, avanzando por unha pista
forestal. Tras percorrer uns 70 metros, tomamos un sendeiro que
se mete por propiedades pero que goza de servidume de paso. Tras
abandonar as veigas descenderemos por un carreiro que nos levará
ata o Pozo de Portovedro que, para salvalo, nos obrigará a pasar por
riba do seu testeiro. Seguiremos todo recto por unha pista forestal
ata empatar de novo co itinerario principal á altura da Chan das Cru-
ces, no mesmo tramo IV.
• TRAMO V: Estrada de Xustáns – Praza do Souto. Avanzamos pola
estrada de Xustáns 64 metros cara a esquerda. Tomamos un carreiro
situado ao outro lado da estrada que nos levará cara unha antiga co-
rredoira que non deixaremos durante uns 500 metros. Daquela che-
garemos ata unha bifurcación que debemos tomar á esquerda. Sen
desviarnos continuaremos o noso percorrido ata chegar ata a calzada
de Acevedo, que nos permitirá baixar ata os muíños e os pozos do
Regueiro dos Muíños. Seguimos por este mesmo camiño lousado ata
chegar a un cruzamento de camiños no que tomaremos o desvío
asfaltado da esquerda para, a poucos metros, volver a desviarnos á
dereita. Seguindo todo de fronte chegaremos á Praza do Souto.
• TRAMO VI: Praza do Souto – A Ponte de Ponte Sampaio. Desde a
Praza do Souto tomamos a bifurcación da dereita e seguimos ata dar
cun primeiro cruzamento que seguiremos ata atopar unha segun-
da encrucillada pola que continuaremos tamén á dereita, avanzando
por un camiño tradicional que se adentra no monte. Sen desviarnos
seguiremos por este camiño de carros que nos guiará primeiro ata
a Pedra da Forna, logo á Cruz do Forniño e por último, á Capela de
San Xosé. Tras deixar esta última e avanzar polo camiño aproxima-
damente 170 metros chegaremos a unha pista forestal que debemos
tomar para bater coa estrada asfaltada de Acevedo. Cruzaremos esta
vía e continuaremos por un carreiro que descende ata un grupo de
vivendas. Aquí continuaremos a man dereita por un carreiro que nos
levará ata o Pozo da Rella para, desde aquí, coller de novo o cruza-
mento da esquerda, cuxa traza discorre por un camiño antigo que
non abandonaremos ata empatar cunha nova bifurcación. De segui-
do descendemos por un tramo formigonado que seguiremos ata dar
coa estrada asfaltada dÁ Xunqueira, ao pé do campo de fútbol, que
nos levará de novo á ponte de Ponte Sampaio.
Delimitada polas freguesías de Xustáns e A Canicouva (N), Arcade e
Soutomaior (S), Xustáns, Taboadelo e Soutomaior (L) e a ría de Vigo
(O), Ponte Sampaio é unha das parroquias do concello de Pontevedra
cunha historia máis fértil e ricaz. Na actualidade ten unha poboación
de 1.265 habitantes. A nosa freguesía emprázase no fondal da Ría
de Vigo, sobre o río Verduxo, o cauce que atravesa a ponte que lle
dá máis significación a este histórico núcleo, ao tempo que permite a
unión física dos concellos de Pontevedra e Soutomaior. O seu empra-
zamento coincide co doutras pontes galegas (Ponte Vedra, Ponte Ce-
sures, Ponte Nafonso...) que tamén se dispoñen no fondo de cadan-
súa ría salvando cursos fluviais que van na procura da salinidade do
mar. A ponte de San Paio, ao igual que as pontes que vimos de citar,
contribuíron decisivamente á conformación dos núcleos de poboación
que creceron á beira destes pasos artificiais, onde coinciden distintos
tipos de comunicacións terrestres e marítimas. Un deses núcleos é
Ponte Sampaio, unha parroquia que antano chegou a ser concello.
Nanda, me apunto, saldré desde Redondela, feliz año nuevo!!!!!!
ResponderEliminarMe apunto. Desde Brión
ResponderEliminarDios mio...alguén leeu todo o que pon aqui?
ResponderEliminarE o roteiro do patrimonio que teñen alí.
ResponderEliminarGelis,me apunto, salgo de Santiago
ResponderEliminarAntonio, me apunto desde A Estrada.
ResponderEliminarDous mozos de Vila de Cruces,apuntanse a esta ruta.
ResponderEliminar¿Podo apuntarme?
ResponderEliminarHiginio (Vigo)
Claro, mo hay problema.
EliminarOK
EliminarXa contaredes como vos foi, polos camiños enlamados,habia moita auga , ou nón?
ResponderEliminara ruta, moi linda. Realmente non nos mollamos tanto. Ben é certo que Antonio tivo que exercer de ponte, e axudounos a varios a cruzar zonas con bastante auga... foi boa idea o das súas botas de goma. ao final ata nos veu saudar Lourenzo e todo. as vista da Enseada de S Simón, da Ponte de Rande........ lindísimas
ResponderEliminar