jueves, 18 de septiembre de 2008

Ruta do Glaciar das Lamas



Lugar: San Miguel (Manzaneda, CIRCULAR)
Distancia: 21 km
Duración: 6 h
Dificultade: media

O camiño a Prada comeza en San Miguel e diríxese a Requeixo.
En Requeixo colleríamos o camiño que vai pola marxe esquerda do río do mesmo nome ata chegar a Prada e voltaríamos pola marxe dereita. Antes de voltar a Requeixo desviámonos á esquerda cara Paradela e dende aquí dirección Placín. Neste punto, podemos ir a San Miguel e rematar a ruta, ou iniciar a Ruta dos Soutos.
Nesta ruta pódese apreciar o cambio de vexetación entre a media montaña, con soutos e prados, e a alta montaña, onde se ven as grandes penas, pasando polos bidueirais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario